Decota

Ola bos días simpatizantes E socios do Club Deportivo ATC Zalaeta Arteixo.
Neste tempo de confinamento polo maldito virus da COVID 19, queriamos agradecer ás empresas que nos patrocinan dándolles desde desde as nosas redes sociais unha maior visibilidade para axudalos con posibles sinerxias ou consumo nos seus respectivas produtos das súas empresas. Para iso imos realizar unha serie de entrevistas Individuais de todos os nosos patrocinadores para que, vós socios, e todos aqueles que nos len habitualmente, poidan coñecer de primeira man quen nos axuda cada tempada para que o Club Deportivo ATC Zalaeta Arteixo siga adiante cada tempada. “Porque é de ben nados ser agradecidos” e que son ben maj@ s, en todo o que lle podamos axudar e “meter o ombreiro”, farémolo, sobre todo nestes duros tempos de pandemia.
Comezamos esta serie de entrevistas con Manola da empresa Decota
¿Como chegou a ser patrocinador do club?
Patrocino ao equipo porque son exxogador do club, comecei adestrando co Crat na Escola de Aparelladores da Coruña e Pepe Flores fichoume “ “. Conoci nesa época á maioría (vellos) dos actuais dirixentes ou irresponsables.
¿Que produtos ofrecen aos socios simpatizantes/socios do club?
Dedícome ao sector da construción, é difícil ofrecerlles produtos aos socios a non ser unha vivenda ou reforma comercial. O campo no que traballamos é como contrata de obra con promotores, investidores ou industrias (empresas).
¿Como afecta o tratamento aos clientes coa actual pandemia?
 Na relación con clientes na pandemia non me afecta moito, non paralizamos ningún traballo en marcha ou aprobado para inicio, se se paralizaron proxectos de investimento dalgún cliente que aínda estaban en estudo e dependendo do sector.
¿Xogou no club, cando? 
Xoguei fai ….moito, creo que comecei no 84 , mais ou menos, ata que concluín os estudos e regresei a Lugo, ata a retirada xoguei co EUITA rugby club.
Un prognóstico para o seis nacións que recentemente comeza. 
Para o Seis Nacións, …..sempre England, pero creo que Francia é a favorita. Entre as dúas estará o campión.

Próximo partido: