Escuela Superior Marcelo Macías

Seguimos ca xira de patrocinadores, desta vez a Escuela Superior Marcelo Macías da man do noso amigo JC.

Como chegou a ser patrocinador do club?
Fun xogador, e como seguía mantendo contacto co club o ir ver os partidos do seis nacións ao local social do club,o Pick & Go, decateime da posibilidade de ser patrocinador. Esta iniciativa co club pareceume unha moi boa idea para poder aumentala visibilidade da nosa marca grazas ao alcance social que pode chegar a ter entre os simpatizantes e socios do club, pois dicímonos a dar este paso.
Que produtos ofrecen aos socios simpatizantes/socios do club?
Ofrecemos un amplo catálogo de cursos centrados basicamente nas ramas do deseño gráfico publicitario e visual, márketing e empresa, e a publicidade, comunicación e relacións públicas. Implantamos un desconto do 10% aos que acrediten ser socios do club.
Como afecta o tratamento aos clientes coa actual pandemia?
Loxicamente aféctanos como a todas as empresas. Implantamos medidas de prevención en todas as aulas como son biombos  separadoras entre os alumnos,  dispensadores de xeles  hidroalcoholicos, medidores de temperatura, uso obrigatorio de máscara. En xeral todos os nosos alumnos adaptáronse ben a estas novas normas a pesar da incomodidade que provocan
Afortunadamente en ningún momento desde que se iniciou a pandemia non tivemos que interromper a nosa actividade desde o confinamento do ano pasado.
Xogou no club, cando?
Se, xoguei no club nos xa afastados anos 90, alá pola tempada 91-92
Porra para o seis nacións
Creo e espero que gañe o Imperio,  Go  England
Os datos de contacto son:
Escuela Superior Marcelo Macías
Juan Carlos López Martínez
Dirección: Urbano González Varela, nº 1 2º D
Telefóno 635661673

Asesoría Empresarial ATC

Ola bos dias, continuamos coñecendo os nosos patrocinadores, neste caso presentamos a Fernando, da Asesoría Empresarial ATC.
¿Como chegou a ser patrocinador do club?
Sigo o Zalaeta desde sempre e como sei por experiencia que en calquera club deportivo o financiamento é complicada, xurdiu a opción, e mentres se poida, seguiremos.
¿Que produtos ofrecen aos socios simpatizantes/socios do club?
Atc é unha asesoría laboral, fiscal e contable, os nosos servizos, digamos que son os de prestar apoio nas relacións coa administración.
¿Como afecta ou tratamento aos clientes coa actual pandemia?
Eiquí voume a morder a lingua e contar ata 1000, se tedes amigos no sector diranvos como estamos desde 14/03/2020, para nós a pandemia e suplir practicamente á administración.
¿Xogou no club, cando?
Non, cousa da que me arrepinto, subín unha tempada cando se adestraba na Torre, pero as fins de semana dedicábao á miña outra afección as carreiras de coches dende a miña outra familia, a Escuderia A Coruña.
Un prognóstico para ou seis nacións que recentemente comeza.
Douche duas a do corazón: Escocia, irlanda, Gales, Italia, Francia e Inglaterra. E a da cabeza: Inglaterra, Francia, Irlanda, Gales, Escocia e Italia
Contacto
ATC Asesoria Empresarial
Alvaro Cunqueiro, 7 Baixo C – 15008 – A Coruña (A Coruña) www.atcasesores.com info@atcasesores.com

Decota

Ola bos días simpatizantes E socios do Club Deportivo ATC Zalaeta Arteixo.
Neste tempo de confinamento polo maldito virus da COVID 19, queriamos agradecer ás empresas que nos patrocinan dándolles desde desde as nosas redes sociais unha maior visibilidade para axudalos con posibles sinerxias ou consumo nos seus respectivas produtos das súas empresas. Para iso imos realizar unha serie de entrevistas Individuais de todos os nosos patrocinadores para que, vós socios, e todos aqueles que nos len habitualmente, poidan coñecer de primeira man quen nos axuda cada tempada para que o Club Deportivo ATC Zalaeta Arteixo siga adiante cada tempada. “Porque é de ben nados ser agradecidos” e que son ben maj@ s, en todo o que lle podamos axudar e “meter o ombreiro”, farémolo, sobre todo nestes duros tempos de pandemia.
Comezamos esta serie de entrevistas con Manola da empresa Decota
¿Como chegou a ser patrocinador do club?
Patrocino ao equipo porque son exxogador do club, comecei adestrando co Crat na Escola de Aparelladores da Coruña e Pepe Flores fichoume “ “. Conoci nesa época á maioría (vellos) dos actuais dirixentes ou irresponsables.
¿Que produtos ofrecen aos socios simpatizantes/socios do club?
Dedícome ao sector da construción, é difícil ofrecerlles produtos aos socios a non ser unha vivenda ou reforma comercial. O campo no que traballamos é como contrata de obra con promotores, investidores ou industrias (empresas).
¿Como afecta o tratamento aos clientes coa actual pandemia?
 Na relación con clientes na pandemia non me afecta moito, non paralizamos ningún traballo en marcha ou aprobado para inicio, se se paralizaron proxectos de investimento dalgún cliente que aínda estaban en estudo e dependendo do sector.
¿Xogou no club, cando? 
Xoguei fai ….moito, creo que comecei no 84 , mais ou menos, ata que concluín os estudos e regresei a Lugo, ata a retirada xoguei co EUITA rugby club.
Un prognóstico para o seis nacións que recentemente comeza. 
Para o Seis Nacións, …..sempre England, pero creo que Francia é a favorita. Entre as dúas estará o campión.

Cambios na directiva

Bos noites soci@s e simpatizantes do CD Zalaeta ATC Arteixo, quixeramos informarvos dun troco no organigrama do clube na parte social do mesmo.

    

Pablo Caamaño, Vicepresidente Social do clube dende o verán do 2013, comunicounos que ten que deixar o cargo por temas persoais. A directiva e @s soci@s estamoslle moi agradecidos por todos os esforzos feitos, que sabemos que non foron nada sinxelos, nestes sete anos. Moitísimas grazas Caamaño.

Aínda así, non estará moi lonxe, polo cal seguirá aportando o seu grao de area e experiencia en todo o que o clube vaia realizar.

A nosa Presidenta María José «Pepa» Otero e a directiva tomaron a decisión de incorporar o clube a Carlos Pico, xogador da plantilla Senior nas últimas 21 tempadas, no posto de Vicepresidente Social.

Desexarlle a mellor da sortes neste novo cometido.

Saúdos e moita saúde para tod@s.