f3video

Seguimos coñecendo os nosos patrocinadores, agora cun dos mais lonxevos, Fernando, da empresa f3video.

Como chegou a ser patrocinador do club?
Hai moitos anos que son socio do club e sempre me gustou facer algo polo club (durante algunha tempada gravaba os partidos e televisabámolos nunha tele local).
Agora apetecíame dar un paso máis, e dentro das miñas posibilidades decidinme por esta colaboración.
Que produtos ofrecen aos socios simpatizantes/socios do club?
Os nosos servizos abarcan desde o vídeo social (vodas, bautizos, comuñóns), gravacións de eventos,  videos para páxinas Web… tamén realizamos dixitalizacións de calquera formato ( vhs,  Hi8, super8..).
A parte creativa e cinematográfica témola en f3cinema onde realizamos curtos e documentais, talleres de  super8, e a nosa última creación, a sala  f3cinema, unha  mini sala de cinema onde proxectamos películas en  super8, 16mm ou vídeo analóxico.
Os socios do club poden acceder a todos os nosos servizos cun desconto especial dun 15% sobre as nosas tarifas.
Como afecta o tratamento aos clientes coa actual pandemia?
Coa pandemia tomamos as medidas de seguridade necesarias, e as propias dos  excasos eventos que agora mesmo levan a cabo. Temos pechada temporalmente a  mini sala  de cinema.
Xogou no club, cando?
Xoguei con  Gonzo,  Hector, Ramón  Lestao,  Infanzón…cando estabamos en empresariais, pero non xoguei co Zalaeta máis nada que  uns poucos partidos de veteranos.
Porra para o seis nacións
Está complicado, pero por gustar….Irlanda ou Escocia.
Fernando Fernández_676506457
f3vídeo
Lapela, 16, 15316 Coirós, A Coruña

Próximo partido: