Seguimos coñecendo os nosos patrocinadores, agora cun dos mais lonxevos, Fernando, da empresa f3video.
Como chegou a ser patrocinador do club?
Hai moitos anos que son socio do club e sempre me gustou facer algo polo club (durante algunha tempada gravaba os partidos e televisabámolos nunha tele local).
Agora apetecíame dar un paso máis, e dentro das miñas posibilidades decidinme por esta colaboración.
Que produtos ofrecen aos socios simpatizantes/socios do club?
Os nosos servizos abarcan desde o vídeo social (vodas, bautizos, comuñóns), gravacións de eventos, videos para páxinas Web… tamén realizamos dixitalizacións de calquera formato ( vhs, Hi8, super8..).
A parte creativa e cinematográfica témola en f3cinema onde realizamos curtos e documentais, talleres de super8, e a nosa última creación, a sala f3cinema, unha mini sala de cinema onde proxectamos películas en super8, 16mm ou vídeo analóxico.
Os socios do club poden acceder a todos os nosos servizos cun desconto especial dun 15% sobre as nosas tarifas.
Como afecta o tratamento aos clientes coa actual pandemia?
Coa pandemia tomamos as medidas de seguridade necesarias, e as propias dos excasos eventos que agora mesmo levan a cabo. Temos pechada temporalmente a mini sala de cinema.
Xogou no club, cando?
Xoguei con Gonzo, Hector, Ramón Lestao, Infanzón…cando estabamos en empresariais, pero non xoguei co Zalaeta máis nada que uns poucos partidos de veteranos.
Porra para o seis nacións
Está complicado, pero por gustar….Irlanda ou Escocia.
Fernando Fernández_676506457
f3vídeo
Lapela, 16, 15316 Coirós, A Coruña
Filmizlesene ile hızlı film izleme fırsatını yakala, en yeni ve iyi filmleri Full HD 1080p kalitesiyle online ve bedava izle. Isaiah Ringo
Propuesta para Rugbyzalaeta.
Hola, encantada de saludarte.
Quería escribirte porque me ha parecido interesante comentar contigo la posibilidad de que Rugbyzalaeta aparezca cada mes en periódicos digitales como noticia para posicionar en los primeros lugares de internet, es decir, con artículos reales dentro del periódico que no se marcan como publicidad y que no se borran.
La noticia es publicada por más de cuarenta periódicos de gran autoridad para mejorar el posicionamiento de tu web y la reputación.
¿Podrías facilitarme un teléfono para ofrecerte un mes gratuito?
Gracias.