Seguimos ca xira de patrocinadores, desta vez a Escuela Superior Marcelo Macías da man do noso amigo JC.
Como chegou a ser patrocinador do club?
Fun xogador, e como seguía mantendo contacto co club o ir ver os partidos do seis nacións ao local social do club,o Pick & Go, decateime da posibilidade de ser patrocinador. Esta iniciativa co club pareceume unha moi boa idea para poder aumentala visibilidade da nosa marca grazas ao alcance social que pode chegar a ter entre os simpatizantes e socios do club, pois dicímonos a dar este paso.
Que produtos ofrecen aos socios simpatizantes/socios do club?
Ofrecemos un amplo catálogo de cursos centrados basicamente nas ramas do deseño gráfico publicitario e visual, márketing e empresa, e a publicidade, comunicación e relacións públicas. Implantamos un desconto do 10% aos que acrediten ser socios do club.
Como afecta o tratamento aos clientes coa actual pandemia?
Loxicamente aféctanos como a todas as empresas. Implantamos medidas de prevención en todas as aulas como son biombos separadoras entre os alumnos, dispensadores de xeles hidroalcoholicos, medidores de temperatura, uso obrigatorio de máscara. En xeral todos os nosos alumnos adaptáronse ben a estas novas normas a pesar da incomodidade que provocan
Afortunadamente en ningún momento desde que se iniciou a pandemia non tivemos que interromper a nosa actividade desde o confinamento do ano pasado.
Xogou no club, cando?
Se, xoguei no club nos xa afastados anos 90, alá pola tempada 91-92
Porra para o seis nacións
Creo e espero que gañe o Imperio, Go England
Os datos de contacto son:
Escuela Superior Marcelo Macías
Juan Carlos López Martínez
Dirección: Urbano González Varela, nº 1 2º D
Telefóno 635661673