Axúdanos a colaborar,
Este ano, e por motivos que non precisan de explicación, o Club decidiu poñer o seu pequeno gran de area doar o 100% do recargo da Lotaría de Nadal á entidade «Banco de Alimentos Rias Altas». Normalmente o importe de este recargo está adicado a completar o orzamento do noso Club, mais non podíamos deixar de pensar que este ano está a ser moi difícil para moita xente da nosa contorna: veciñas, amigas, compañeiras…
Se es das que no creen na sorte ou queres facer a túa aportación de xeito directo, animámosvos tamén a colaborar co “Banco de Alimentos Rías Altas” mediante un ingreso na propia conta da asociación, poñéndote previamente en contacto ca súa presidenta en presidente@balrial.org.
Únete e empurra con nos!
Grazas!

 

Próximo partido: