Crónica Barbanza RC – C.D. Zalaeta ATC Arteixo

Crónica Barbanza RC _ C.D. Zalaeta ATC Arteixo

 

 

23/02/2020_16:30

Árbitro: Salgado Vila, Juan Jose

Campo de Santa Lucía_Rianxo

Partido gris do cadro arteixán o disputado o pasado domingo na comarca do Barbanza. O CD Zalaeta chegaba ó seu último partido da liga regular con aspiracións de meterse na fase final polo título de liga, para iso tiña que lograr a victoria con punto bonus e así non depender de resultados de terceiros.

O partido comezou de cara para os verdibrancos, imprimindo o seu ritmo de xogo e mandando dende o minuto 3 no marcador. Na primeira parte, CD Zalaeta no soubo aproveitar a vantaxe de ter ata dous xogadores máis que o Barbanza RC, erro que pagaría caro. O cadro local soubo resistir nesta inferioridade e, a medida que as expulsións temporais remataban, ían chegando os puntos. Así, no final da primeira parte, o marcador reflectía un axustado 12-10.

 

 

O comezo da segunda parte parecía un reflexo da primeira, era o CD Zalaeta quen dominaba, mais esta vez os puntos chegaron para o cadro local. O xogo directo do equipo local, lanzando os seus dianteiros, logrou o seu obxectivo e así, logo de dous ensaios transformados dominaba o partido cun marcador momentáneo de 26-10.

Os rinos lograron recortar distancia cun ensaio transformado, ca firma dos dous irmáns Martínez Nicolás, pero toda posibilidade de remontada quedou nun desexo que non se alcanzaría. A punto de cumprir o tempo regulamentario, o cadro local conseguiu transformar un golpe de castigo, freando calquera opción de remontada.

Derrota dolorosa por 29-17, que apea os rinos dos postos que dan acceso á disputa polo título. Agora, ca liga regular rematada, toca recuperar efectivos e preparar o último partido da tempada no que se decidirá os postos do 9º o 10º clasificado. Neste caso, será contra Ourense B que finaliza a ligar regular de 10º posto, e como indica na planificación da tempada, tocaronos viaxar a terra das termas a disputalo o próximo 21 de marzo.

 

Una respuesta a «Crónica Barbanza RC – C.D. Zalaeta ATC Arteixo»

  1. Hi! Do you know if they make any plugins to help with Search Engine Optimization? I’m
    trying to get my site to rank for some targeted keywords but I’m not seeing very good
    results. If you know of any please share.
    Kudos! You can read similar art here: Code of destiny

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *