Crónica Kaleido Universidade de Vigo «B» 43 C.D. Zalaeta ATC Arteixo 22

Kaleido Universidade de Vigo » B» 43 C.D. Zalaeta ATC Arteixo 22
15-02-2020 Campo As Lagoas de Marcosende 16:40
Árbitro: Juan Salgado Partido aprazado dá xornada 10.
Duro revés sufrido este sábado en Vigo #ante un dos equipos da «nosa liga» por situarse na mellor posición posible para o play off polo campionato.
Empezamos saíndo da Coruña con só 16 xogadores na lista e moitos deles arrastrando doenzas de lesións que indicaban a importancia do partido. Nunha primeira parte xogada entre iguais e con pernas frescas, disputamos cada balón, gañabamos metros grazas ao forte vento e defendiamos todos os puntos de contacto. Chegamos ao descanso cun empate a 12-12 que prognosticaba unha posibilidade de vitoria que nunca chegou. Co asubío inicial da segunda parte e nun campo pesado, Vigo B levou o peso do encontro grazas á incorporación de ata 7 novos xogadores que deron frescura aos olívicos e cunha nova mele que nos sacou demasiados golpes, cos que, está vez co vento do seu lado, metíannos unha e outra vez na nosa 22. Elevou o ritmo Vigo B e a súa arremetidas requirían dun compromiso físico que non fomos capaces de asumir, co que empezaron a caer os ensaios para felicidade dos de casa.
En ataque tampouco puidemos aumentar o tanteador grazas ao merito defensivo de Vigo B e a erros os nosos na toma de decisións.
Xusto vencendor que nos adianta na clasificación e colócanos na 8ª posición con 21 puntos a falta dun só partido para pechar a liga regular, que será o vindeiro domingo en casa de Barbanza RC.
Partido que nos fai ver a importancia de ter un persoal amplo que permita o descanso e recuperación dos xogadores. Seguiremos pelexando cada balón ata o asubío final, aínda doloridos e cansos.
Polo zalaeta xogaron: Pepe, Ñacas, Emilio Jr, Mahoney, Gonzo, Luis, Raúl, Jorge, Sela, Pablo, Emilio, Neco, Juanma, Flaca, Pico y Celso.

Próximo partido: