Crónica do CR Coreti Lalín 27-CD Zalaeta ATC Arteixo 27.

O pasado sábado estaban citados no Manuel Anxo Cortizo dous equipos que, vendo a traxectoria que levan esta tempada, están chamados a disputarse as mesmas prazas na clasificación.

O marcador inagurabase pouco despois do asubío inicial cando no minuto 2 o conxunto local poñía os primeiros 5 puntos no casilleiro. O equipo rino non tardou en respostar e no minuto 18 xa mandaba no marcador logo de dous ensaios e unha transformación. O partido non baixou en intensidade mais o marcador non se vería alterado ata achegarse ó descanso. O Lalín RC volvíase adiantar no marcador e, de novo, o CD Zalaeta ATC Arteixo non tardou en respostar; cun golpe de castigo e un ensaio mandaba a ambos equipos a vestiarios cun apretado 17-20.

Reanudado o xogo a tónica do partido non mudou moito, dous ensaios do equipo verdinegro e a alta exixencia física do partido, albiscaban unha victoria local a falta de 20 minutos para ó final. Mais os arteixáns non querían marchar da comarca do Deza cas mans baleiras e sen mostrar visos de fatiga foi cercando ó rival ata achegarse a zona de marca. Cun gran traballo de dianteira, as fases encadeábanse unha tras outra e paso a paso a recompensa do ensaio semellaba estar cada vez máis cerca. Logo de case 10 minutos de traballo e xa co tempo regulamentario cumprido, o capitán Ricky lograba un ensaio centrado para que Pablo transformara sen dificultade e así, pechar o marcador 27-27.

O empate conseguido sabe a victoria e, o que é máis importante, serve para recuperar as boas sensacións e o ánimo despois da última derrota fronte ao Mareantes RC. O CD Zalaeta ATC Arteixo xa ten a vista posta no seu próximo partido, o domingo 19 recibe ó Pontevedra RC no campo de Acea da Má, no que será o primeiro partido como local do ano.

Pendentes da evolución dos  Luisinho e Emilio Patiño.

Aliñacións:

CR Coreti Lalín  : Marcos, Amaray, Javier Taboas, Daniel, Mario, Ángel, Sergio, Juan, Alejandro, Miguel Ángel, Edison, Antón, Diego, Edwin e José. Tamén xogaron Angel Luis, Francisco, Iago, Javier Hernández, Hermisindo, Enghell, Herminio e André.

CD Zalaeta ATC Arteixo: Emilio Jr, Gordo, Pepiño, Gonzo, Mahoney, Luis, Jorge, Ricky, Sela, Pablo, Alberte, Neco, Emilio Patiño, Juanma e Flaca.

Tanteo do marcador:

Minuto 2: 5-0, ensaio de Lalín RC.

Minuto 11: 5-5, ensaio de Neco.

Minuto 18: 5-12, ensaio de Luis transformado por Pablo.

Minuto 27: 10-12, ensaio de Lalín RC.

Minuto 33: 17-12, ensaio e transformación de Lalín RC.

Minuto 37: 17-15, golpe de castigo transformado por Pablo.

Minuto 39: 17-20, ensaio de Ricky.

Minuto 51: 22-20, ensaio de Lalín RC.

Minuto 58: 27-20, ensaio de Lalín RC.

Minuto 80: 27-27, ensaio de Ricky transformado por Pablo.

Estadio Manuel Anxo Cortizo 11/01/2020 18:00

Árbrito: Francisco Cobas.

Próximo partido: