Cd Zalaeta 67 – Ourense B 12

 

Ó Partido deste sábado en Acea da Ma entre o C.D. Zalaeta Arteixo e Ourense xa comezou desigualado, xa que os visitantes chegaron con trece xogadores. Debido a isto, a primeira parte tivo unha clara cor verdiblanca, co primeiro ensaio xa no primeiro minuto seguido de sete mais, deixando o xogo claramente encamiñado na primeira parte. Ensaiaron nos primeiros corenta minutos por Zalaeta, Flaca por dúas veces, Cristian, Sela, Asorey, Luís Oubel, Neco e Quintanilla, transformando a Pablo catro dos seus intentos. Non obstante, ao final deste primeiro período, o equipo ourensan parecía reaccionar estando a piques de facer un ensaio, rematando a primeira parte co resultado de 48 a 0.

Tras a reanudación o partido estivo máis igualado, o equipo ourensano conseguiu parar a hemorraxia de ensaios, sen embargo no minuto 45 Richar conseguiu outro ensaio e canto máis presionaba Ourense nun contragolpe, Cristian consegue outro ensaio transformada por Pablo. Máis tarde no minuto 60, Ourense, por mediación de Borja Leyenda, conseguiu o primeiro ensaio do equipo visitante, respostado por Raúl, no minuto setenta transformado por Pablo. Remato o xogo con outro ensaio ourensán de Victor Rodríguez, transformado por Adrián Lhez, rematando o resultado final de 67-12.

Mención especial ao debut como titulares no equipo de Arteixo de Celso e Daniel Chaparro (O’Mahoney), parabéns aos dous

Polo CD Zalaeta Xogaron: Pepe, Ñacas, Gordo, Mahoney, Emilio, Jorge, Luis, Riky, Sela, Pablo, Celso, Cristina, Neco, Manu y Oscar. Tambien Gonzo y Alberte.

Próximo partido: