Tres sub-14 arteixáns convocados pola selección galega

O traballo que están a facer nos últimos meses Noe e Souto comeza a dar o froito esperado. Por primeira vez tres rapaces da escola de rugby que traballa o clube no Concello de Arteixo acudirán a unha convocatoria do seleccionado territorial o próximo 18 de maio en Santiago de Compostela. Dende todos os estamentos do clube vos enviamos as nosas felicitacións e vos conminamos a loitar con esforzo polo posto no seleccionado final.

Os convocados do clube son:

MARTIN MARTINEZ ROMERALES

JESUS FERNANDEZ BERMUDEZ

CRISTIAN ALEJANDRO PEREZ

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *