Festival solidario en Arteixo

Diego Seijas e Cristel Villaverde, alumnos do IES Manuel Murguía, presentaban onte xunto á Alcaldesa do Concello de Arteixo, Dna. Pilar Souto Iglesias, unha iniciativa solidaria.

Estes rapaces acaban de organizar o I Festival Solidario “Loita Contra a Fame”, que terá lugar o vindeiro venres día 22 de maio no Auditorio do Centro Cívico Municipal, e que contará coas actuacións de moitos alumnos dos tres IES arteixáns, así como de grupos e colectivos desinteresados, e incluso dalgunha figura como Román García, un mago galego que recibiu o Premio Nacional de Maxia e que colabora desinteresadamente coa iniciativa.
As entradas, cun custe de 2€, servirán para recadar fondos que destinarán a Cáritas Arteixo, tratando de paliar as carencias dos máis necesitados, que, como ben expuña onte a rexedora municipal, “son cada día máis”.

A Gala será retransmitida por Radio Furoca e pola Radio Municipal de Arteixo, e todos aqueles que desexen colaborar poden aportar fondos ou ben adquirir entradas, aínda que contan tamén cunha Fila Cero destinada a donativos.
 
A iniciativa conta xa co apoio de diversas entidades e comercios de Arteixo, que doaron incluso agasallos para ser sorteados entre os que compren entradas e rifas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *