Premios do Deporte da Diputación da Coruña

O pasado venres unha pequena representación do CD Zalaeta ATC Arteixo asistiu no teatro Colón de 📍A Coruña a gala 🏆I Premios do Deporte da Diputación da Coruña, no que se galardoaron a excepcionais deportistas da nosa provincia, Agradecemos a este estamento público que nos axuda, ano tras ano, a que o noso 🦏clube sega medrando.
Imagen-de-Whats-App-2023-04-01-a-las-09-19-573
Imagen-de-Whats-App-2023-04-01-a-las-09-19-57

Deputación da Coruña

Queremos anunciar el patrocinio que nos proporciona la Diputación de A Coruña, esta subvención es para la actividad de liga federada y escuela de rugby. En cumplimiento con los compromisos y obligas de publicidad establecidos en las Bases reguladoras (base general 4 y base específica 6). Hacemos constar la colaboración de la Diputación en toda la información (impresa, informática o audiovisual) de las actividades, cartelería y equipaciones así como en la página web. Link subvención

Queremos anunciar o patrocinio que nos proporciona a Deputación da Coruña, esta subvención é para a actividade de liga federada e escola de rugby. En cumprimento cos compromisos e obrigas de publicidade establecidos nas Bases reguladoras (base xeral 4 e base específica 6). Facemos constar a colaboración da Deputación en toda a información (impresa, informática ou audiovisual) das actividades, cartelería e equipamentos así como na páxina web. Link subvención

f3video

Seguimos coñecendo os nosos patrocinadores, agora cun dos mais lonxevos, Fernando, da empresa f3video.

Como chegou a ser patrocinador do club?
Hai moitos anos que son socio do club e sempre me gustou facer algo polo club (durante algunha tempada gravaba os partidos e televisabámolos nunha tele local).
Agora apetecíame dar un paso máis, e dentro das miñas posibilidades decidinme por esta colaboración.
Que produtos ofrecen aos socios simpatizantes/socios do club?
Os nosos servizos abarcan desde o vídeo social (vodas, bautizos, comuñóns), gravacións de eventos,  videos para páxinas Web… tamén realizamos dixitalizacións de calquera formato ( vhs,  Hi8, super8..).
A parte creativa e cinematográfica témola en f3cinema onde realizamos curtos e documentais, talleres de  super8, e a nosa última creación, a sala  f3cinema, unha  mini sala de cinema onde proxectamos películas en  super8, 16mm ou vídeo analóxico.
Os socios do club poden acceder a todos os nosos servizos cun desconto especial dun 15% sobre as nosas tarifas.
Como afecta o tratamento aos clientes coa actual pandemia?
Coa pandemia tomamos as medidas de seguridade necesarias, e as propias dos  excasos eventos que agora mesmo levan a cabo. Temos pechada temporalmente a  mini sala  de cinema.
Xogou no club, cando?
Xoguei con  Gonzo,  Hector, Ramón  Lestao,  Infanzón…cando estabamos en empresariais, pero non xoguei co Zalaeta máis nada que  uns poucos partidos de veteranos.
Porra para o seis nacións
Está complicado, pero por gustar….Irlanda ou Escocia.
Fernando Fernández_676506457
f3vídeo
Lapela, 16, 15316 Coirós, A Coruña

Escuela Superior Marcelo Macías

Seguimos ca xira de patrocinadores, desta vez a Escuela Superior Marcelo Macías da man do noso amigo JC.

Como chegou a ser patrocinador do club?
Fun xogador, e como seguía mantendo contacto co club o ir ver os partidos do seis nacións ao local social do club,o Pick & Go, decateime da posibilidade de ser patrocinador. Esta iniciativa co club pareceume unha moi boa idea para poder aumentala visibilidade da nosa marca grazas ao alcance social que pode chegar a ter entre os simpatizantes e socios do club, pois dicímonos a dar este paso.
Que produtos ofrecen aos socios simpatizantes/socios do club?
Ofrecemos un amplo catálogo de cursos centrados basicamente nas ramas do deseño gráfico publicitario e visual, márketing e empresa, e a publicidade, comunicación e relacións públicas. Implantamos un desconto do 10% aos que acrediten ser socios do club.
Como afecta o tratamento aos clientes coa actual pandemia?
Loxicamente aféctanos como a todas as empresas. Implantamos medidas de prevención en todas as aulas como son biombos  separadoras entre os alumnos,  dispensadores de xeles  hidroalcoholicos, medidores de temperatura, uso obrigatorio de máscara. En xeral todos os nosos alumnos adaptáronse ben a estas novas normas a pesar da incomodidade que provocan
Afortunadamente en ningún momento desde que se iniciou a pandemia non tivemos que interromper a nosa actividade desde o confinamento do ano pasado.
Xogou no club, cando?
Se, xoguei no club nos xa afastados anos 90, alá pola tempada 91-92
Porra para o seis nacións
Creo e espero que gañe o Imperio,  Go  England
Os datos de contacto son:
Escuela Superior Marcelo Macías
Juan Carlos López Martínez
Dirección: Urbano González Varela, nº 1 2º D
Telefóno 635661673

Próximo partido:

Documento sin título
Documento sin título